lunes, 28 de junio de 2010

Entrevista Galicia Hoxe

Carlos Negreira: "O noso concello non é o campión da austeridade, senón o da opulencia"

26.06.2010. O popular promete que con el se poderá "usar" La Coruña, denuncia que os coches oficiais de María Pita "se lavan e enceran cada 36 horas", acusa a Losada de "vivir na súa nube" e ó BNG de "volver ó extremismo" da UPG. Carlos Negreira (Río de Xaneiro, 1960), foi presentado o xoves pasado nun acto na Coruña como candidato do PP á Alcaldía herculina para as eleccións municipais do 2011. Os populares avisan de que van a por todas -agora mesmo teñen 10 concelleiros fronte ós 11 do PSdeG e os 6 do BNG-, co obxectivo de sacar do Goberno o Bipartito de esquerdas que, segundo eles, "comete erro tras erro".

Con que obxectivos se presenta ás eleccións?
O noso obxectivo primeiro é volver recuperar unha cidade para todos os veciños. Agora estamos nunha na que falta moitísima participación, moitísimo consenso en torno ós grandes obxectivos que ten que abordar este concello nos próximos anos e polo tanto queremos facer unha cidade para todos, abrir as ventanas, porque unha nova forma de facer política é posible. Temos que darlle non só un cambio de persoas, senón de rumbo, para que siga sendo a cidade-guía de Galicia, como o foi durante moito tempo. A nosa meta é unha cidade, non en branco e negro como está a facer este goberno, senón unha cidade puxante, que responda ós cidadáns e ás entidades que son sobrasaíntes fronte a un goberno moi deficiente.

E obxectivos a nivel electoral? Feijóo o xoves advertía de que non chega con gañar as eleccións, é necesaria a maioría absoluta. Isto será difícil...
Cada día vemos que as enquisas, as valoracións, as opinións, son mellores. Estamos moito mellor preparados que hai tres anos, temos moito mellor afinado o noso proxecto, e desde logo, xa houbo enquisas reais que tanto nas autonómicas como nas europeas puxeron de manifesto por primeira vez que o PP gañou en todos os barrios. Isto é froito da proximidade que ten o PP coa xente. Imos intentar humildemente conseguir a total confianza e que o electorado nos dea unha maioría suficiente para poder gobernar na Coruña.

Falta case un ano para esas eleccións municipais, pero estamos xa en precampaña...
Estamos acelerando o proceso de poñer propostas enriba da mesa para solucionar os problemas dos cidadáns. O traballo é de todos os días e hai que intentar que a voz dos cidadáns chegue a onde se toman as decisións. Iso é o verdadeiramente importante, e máis nun contorno de crise como o que estamos, onde cada vez debemos de ser máis esixentes con todos os políticos para que se actúe en positivo, deixando o partidismo, a política no sentido peor do termo, isto temos que deixalo para outros momentos.

Non obstante, cada vez hai máis lea entre PP e PSOE cos ventiladores a tope...
O que lle podo asegurar é que nestes últimos meses estamos facendo continuamente propostas. Fixemos propostas sobre temas de infraestruturas, sobre temas de austeridade, xa que o noso concello non é precisamente o campión da austeridade, senón o da opulencia. Fixemos propostas en torno á mellora das condicións de empregabilidade da nosa xente, en temas de formación, en temas de emprego, que é unha preocupación fundamental. Pense que en tres anos temos un 56% de paro, 7.000 coruñeses máis engrosaron as filas do paro durante este Bipartito municipal e para nós é o maior problema de hoxe.

Superar a crise económica será un dos eixes do programa electoral do PP...
Absolutamente fundamental. Hai que achegar todas as propostas necesarias desde a austeridade, a planificación e o rigor para que sexamos unha parte da solución do problema e non, como é neste momento o Bipartito, a parte fundamental do problema.

Máis aló, cales son os principais problemas para afrontar?
Nós temos unha finalidade clara, que é potenciar os sinais de identidade da nosa cidade. Facer da Coruña un espazo atractivo para vivir, para ter calidade de vida, pero tamén un espazo económico atractivo para que as empresas queiran vir instalarse e as que xa están fagan máis investimentos para medrar. Esa é a clave: Calidade de vida e progreso económico. Sobre iso aséntanse innumerables propostas, desde o tema do transporte público, que para nós é unha clave esencial; o tema do benestar social, con máis residencias, con máis escolas infantís; o tema das infraestruturas... Hai tres anos describíanse os problemas da cidade, hoxe seguen sendo os mesmos, pero con menos perspectivas de solución. Imos procurar que eses problemas de toda a vida que seguen sen resolverse se resolvan. Seguimos moi afastados de estar no nivel que merecemos.

Vostede fará que A Coruña volva ser La Coruña?
Eu farei que se poida utilizar indistintamente unha ou outra denominación, que a xente se poida expresar en liberdade e sen imposicións, que é o que queremos todos. Permitir, ampliar, dar máis liberdade e non coaccionar a ninguén.

As súas críticas ó Bipartito local son continuas. En que cre que falla máis este goberno?
Máis que críticas continuas, o que pasa é que os erros do Bipartito son continuos. É un goberno que potencia e se ocupa do trivial, como as placas das rúas, e esquece o principal, que é o emprego. É un goberno que non é austero. É o que ten o maior número de asesores, o maior número de coches oficiais, e o que gasta máis en lavalos. Aquí lávanse os coches da alcaldía cada 36 horas, lavado e encerado. É un goberno ademais que non planifica e rectifica cada día. Pasounos co Noroeste Pop-Rock, que un día non se pode facer porque non hai cartos e ó día seguinte se rectifica e si hai diñeiro para facelo, e así con moitas outras cousas. E sobre todo é un goberno débil cos fortes e forte cos débiles, unha das cousas que nesta nova política do século XXI non se pode permitir. Ademais, vive moi afastado da realidade. Losada vive na súa nube e os cidadáns que vivimos a pé sentimos que non conecta coa nosa realidade e desde logo ocúpase dunha Coruña que non existe e non obstante, dos problemas que temos os cidadáns non se ocupa.

Que lle parece o novo candidato do BNG á Alcaldía, Xosé Manuel Carril?
O señor Tello acaba de dicir que é o candidato menos apoiado dentro do BNG que se presentou nos últimos tempos. Eu creo que o lamentable é que na Coruña se reproduza o que está pasando a nivel Galicia, que é que estea triunfando a parte máis extremista dentro do Bloque. Se era difícil chegar a acordos cunha das partes que non era extremista, imaxínese coa UPG, que é a liña máis dura ideoloxicamente que ten este partido.

Será difícil logo o diálogo entre o PP e o Bloque...
Máis que o diálogo, chegar a acordos. Está claro cal é o ideario da UPG, marxista-leninista, que algúns criamos que estaba xa enterrado en pleno século XXI, pero aquí en Galicia, coa UPG, volve espertar.

Polo de agora só sabemos que vostede encabezará a lista electoral do PP na Coruña. E o resto dos compoñentes?
No PP pódolle asegurar que no equipo grande que somos, onde hai persoas que é de agradecer que queiran colaborar con nós, non nos interesa demasiado se estás na lista ou non estás, esa non é principal pelexa. A nosa preocupación é ter un bo proxecto, reflectir nel as ideas da xente, e danos igual xogar en calquera posición o partido. O que nos interesa é, como grupo, poder ofertar o mellor proxecto para A Coruña.

O PERFIL
Licenciado en Dereito pola USC, Carlos Negreira foi nomeado en 1992 director xeral de RRHH do Sergas. Entre 1996 e 2000 foi director de Aena; do 2000 ó 2003, director de Estratexia e Desenvolvemento da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A; e no 2003, presidencia de Portos de Galicia. Agora é deputado autonómico pola provincia da Coruña, presidente provincial do PP da Coruña e Portavoz municipal dos populares na cidade herculina.

5 comentarios:

freiman dijo...

* A este correo enviado al PSOE:
"La tragedía de Castellsdefels pudo haberse envitado, sí estuviénsen los guardias de seguridad, que no estaban. Nadie debe abandonar un puesto de ese tipo sin que haya llegado el relevo. Pero el problema viene por la permisividad. Sí hay unas normas y unas prohibiciones, de no atravesar la vías, de no cruzar un semáforo en rojo, de cruzar por los pasos de peatones, las personas que hagan lo contrario debe ser sancionadas, por los guardias de seguridad, guardía urbana ó policía municipal. Sí se hiciera eso se evitarían muchos problemas y tragedías. España parece el pais que que las Normas y Leyes no valen para nada, No se cumplen ni se hacen cumplir. Ahora mismo está el tema de los evasores de impuestos, etc. Hagan cumplir las Leyes y las Normas y habrá menos problemas. Con la permisividad no se consigue avanzar".
Contestan:
No podemos estar mas de acuerdo con usted salvo en que no todo el mundo falta a las normas. El grueso de la ciudadanía española es respetuoso con ellas.

La forma en que el Proyecto Socialista hace cumplir las normas no es por la imposición y la sanción, sino desde la educación, educación para la ciudadanía. Es la forma mas segura de que los países progresen y convivan en el respeto mutuo.

Una maravilla ¿Por qué no retiran las multas de Tráfico o las sanciones de Hacienda? Con la Educación para la Ciudadanía es suficiente. Cuándo todos seamos educados al estilo de la Ministra Aído no harán falta sanciones. ¡Es la utopía en estado puro!

freiman dijo...

* A este correo enviado al PSOE:
"La tragedía de Castellsdefels pudo haberse envitado, sí estuviénsen los guardias de seguridad, que no estaban. Nadie debe abandonar un puesto de ese tipo sin que haya llegado el relevo. Pero el problema viene por la permisividad. Sí hay unas normas y unas prohibiciones, de no atravesar la vías, de no cruzar un semáforo en rojo, de cruzar por los pasos de peatones, las personas que hagan lo contrario debe ser sancionadas, por los guardias de seguridad, guardía urbana ó policía municipal. Sí se hiciera eso se evitarían muchos problemas y tragedías. España parece el pais que que las Normas y Leyes no valen para nada, No se cumplen ni se hacen cumplir. Ahora mismo está el tema de los evasores de impuestos, etc. Hagan cumplir las Leyes y las Normas y habrá menos problemas. Con la permisividad no se consigue avanzar".
Contestan:
No podemos estar mas de acuerdo con usted salvo en que no todo el mundo falta a las normas. El grueso de la ciudadanía española es respetuoso con ellas.

La forma en que el Proyecto Socialista hace cumplir las normas no es por la imposición y la sanción, sino desde la educación, educación para la ciudadanía. Es la forma mas segura de que los países progresen y convivan en el respeto mutuo.

Una maravilla ¿Por qué no retiran las multas de Tráfico o las sanciones de Hacienda? Con la Educación para la Ciudadanía es suficiente. Cuándo todos seamos educados al estilo de la Ministra Aído no harán falta sanciones. ¡Es la utopía en estado puro!

freiman dijo...

* Buen fichaje el de Carlos para la Alcaldía de Arteixo.

freiman dijo...

* Últimamente A Coruña es noticia por sus licencias urbanísticas. Al edificio "Conde de Fenosa", que esta tocado, se une la "Torre Reyal-Urbis" en Someso que rompe con todo. El Edificio no dispone de las plazas de aparcamiento necesarias y, supongo, que sería la Sra. Barcón, concedió la licencia.
Sí con el edificio "Conde de Fenosa" no ocurre nada, menos debería ocurrir con el "metro" de la casa del Alcalde de Oleiros. En politíca no todo vale, pero hay que respetar la legalidad vigente en cada momento y ni todos los edificios citados la cumplen.
El problema al final es que somos los ciudadanos quién pagamos los dineros, cuándo deberían ser los politícos, el Sr. Vázquez, Paco; el Sr. Fernández Moreda, el Sr. Losada, la Sra. Barcón, etc. quienes pagasen la mala gestión que han realizado en estos temas, cómo ocurre con los Administradores de cualquier Empresa.

Kostka Fernández dijo...

Desde las alturas y con la ciudad que espera regir a su espalda, Carlos Negreira presentó en el Monte de San Pedro oficialmente su candidatura a la Alcaldía de la ciudad herculina por el Partido Popular. La presentación supuso el pistoletazo de salida a una carrera electoral que durará once meses y que por primera vez en tres décadas promete ser altamente competitiva.
Atrás quedan los años en los que las elecciones municipales en la ciudad atlántica carecían de la emoción por la certidumbre de quién ganaría. El panorama político local ha cambiado radicalmente. La larga sombra del que fuera insigne alcalde de nuestra ciudad Francisco Vázquez ya no percibe en el Palacio Municipal. Al actual Alcalde Javier Losada los coruñeses lo podremos juzgar por su gestión después de una legislatura gobernando. El que fuera eterno candidato nacionalista Enrique Tello no se presenta y la coalición opta por un nuevo candidato en su cartel electoral.
Tras una legislatura en la oposición Carlos Negreira será el candidato del Partido Popular a la Alcaldía de María Pita. Todo indica que por primera vez en la historia de la democracia municipal coruñesa el Partido Popular tiene la oportunidad de alcanzar el sillón municipal, por méritos propios, pero también por desmérito de sus rivales.
Carlos Negreira es un candidato de sobrada experiencia política y de brillante trayectoria profesional. Desde muy joven participó de forma efectiva y eficaz en la gestión pública y privada, demostrando en todos los puestos que ocupó una alta capacidad de gestión de lo privado y de lo público. Su paso por la agricultura y la sanidad gallega, así como por las mayores empresas públicas de España: Correos, el Insalud y AENA son sin duda buena muestra de su acreditada experiencia profesional.
Pero Carlos Negreira no sólo aúna experiencia. Como otros muchos que le antecedieron en responsabilidades municipales el candidato popular también estudió en los Maristas, donde dice haber aprendido a ser persona. Y ciertamente su actitud en la vida y en la política así lo demuestra. Carlos no sólo es un político de talla, sino una persona capaz de liderar equipos y de afrontar retos con ilusión, trabajo y talante conciliador. En la legislatura que entra ya en su recta final, su grupo municipal ha sabido afrontar con destreza su labor de oposición, llegando a todas las esquinas de la ciudad y escuchando a todos aquellos que tenían algo que decir.
Carlos Negreira tiene ante sí una magnífica oportunidad de alzarse con el bastón municipal. Su trabajo estos años le avalan, a lo que hay que sumar las horas bajas del partido de Zapatero y que la Xunta de Galicia esté gobernada por el partido por el que se presenta. Por primera vez en la historia de nuestra joven democracia Galicia y A Coruña pueden estar gobernadas por el Partido Popular y por personas con sobrada capacidad de gestión. Los coruñeses tienen la palabra, mejor dicho el voto.