martes, 13 de enero de 2009

Recargando Galicia con Feijoo


Iniciamos un novo ano, e facémolo coas pilas cargadas, cun proxecto político para Galicia, cun líder e cun equipo sólido e solvente. Coa idea de recargar Galicia de ilusión e optimismo, de esperanza e recollendo as ganas de cambio da cidadanía.

Os galegos e galegas piden un cambio de rumbo, piden o fin da deriva dun goberno bipartito que hai catro anos iniciou unha viaxe a ningunha parte. Os galegos queren un goberno sólido e solvente, un goberno que marque o rumbo da recuperación económica fronte á crise, un goberno próximo, centrado nos problemas das persoas, un goberno centrado na rúa e na xente.

Nestes inicios de ano pechamos una etapa, a da desilusión dun goberno que non foi quen de facer que Galicia avanzase o suficiente nos últimos catro anos, e abrimos unha nova, na que o PP aspira a colleitar o apoio da ampla maioría de galegos: o suficiente para traer a Galicia o cambio a mellor que foron incapaces de encarnar PSOE e BNG.

Nestes días o PPdeG abre unha nova web para dar a coñecer o proxecto de Alberto Núñez Feijoo para Galicia. Baixo a url http://www.recargandogalicia.com/, unha nova web pon na rede de redes a acción política do PP galego.

Desde que Alberto Núñez Feijóo foi elixido presidente do PPdeG, o partido embarcouse na utilización das novas tecnoloxías para comunicar a súa mensaxe, as súas propostas e para difundir o seu ideario político. A proximidade que Feijóo e o PPdeG trataron de transmitir á sociedade galega durante estes tres anos tivo a súa plasmación tamén a través da rede. Por iso, hoxe, o PPdeG é o partido que máis accións de comunicación a través de Internet realiza, o máis presente en redes sociais, o máis centrado e interesado nas novas tecnoloxías, e o que máis utiliza as oportunidades que ofrece a comunicación por redes virtuais.

O lema “Recargando Galicia” é suficientemente expresivo do que se pretende transmitir. Galicia estase a esgotar con este Goberno. Os galegos non aprecian solucións no seu Goberno a problemas como o desemprego, a crise das economías familiares, as oportunidades das empresas. E por iso, a paciencia e a resistencia dos galegos tamén están a chegar ao seu fin.

E frente a esa realidade, Feijóo quere propoñer unha opción que sirva para recargar as baterías deste país. Recargando Galicia para convertela nunha terra de oportunidades para todos.

No hay comentarios: