sábado, 18 de abril de 2009

Feijóo, o novo Presidente de Galicia, quere ser "un galego máis"


Hoxe foi un día de fondas emocións. Un día que forma parte xa da historia do noso pobo. Esta mañán Alberto Núñez Feijóo tomou posesión do cargo de Presidente da Xunta de Galicia, e logo presentouse na Praza do Obradoiro. Foi un acto sinxelo e emotivo. Un acto que é claro exemplo da transformación tranquila que Feijóo quere para Galicia. Gratitude e humildade, foron as primeiras mensaxes do noso Presidente.

O primeiro que fixo Feijóo foi dar as gracias ós galegos polo seu apoio nas pasadas eleccións, e asumir o mandato cidadán de gobernar dende a honestidade, e para todos. Feijóo recordou os seus compromisos electorais, expresados ó inicio da campaña en forma de contrato cos cidadáns, afirmando que esas promesas hoxe son compromisos do novo goberno. E deu sobre todo, unha mensaxe de gran humildade, afirmando que será o Presidente, sen deixar de ser "un galego máis".

Feijóo comprometeuse coa austeridade e co rigor na xestión dos intereses de Galicia. Feijóo ofreceu consensos ó conxunto das forzas políticas, e ós axentes sociais. Feijóo comprometeuse co galeguismo consciente, cun galeguismo integrador, e non excluinte, cun galeguismo que coloque en primeiro plano aos mozos e mozas que representan o futuro do noso pobo.

Os tempos son chegados, e por iso, chegou o momento de dar paso a unha nova etapa, de crecemento e de prosperidade, de unidade e cohesión. Temos o mellor Presidente que poderíamos ter para enfrontarnos a esta difícil crise económica que tanto nos afecta.

Noraboa Presidente. Noraboa Galicia.

No hay comentarios: