viernes, 3 de abril de 2009

Núñez Feijóo presenta na provincia de A Coruña a súa candidatura á reelección como Presidente do PPdeG


O presidente do PPdeG, e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo presentou onte na provincia de A Coruña as súas liñas de acción de cara ós próximos catro anos. Feijóo subliñou a necesidade de contar con todos, ‘xa que precisamos a experiencia dos máis veteranos e do empuxe dos máis xóvenes’ , explicou onte nun acto no que afirmou a súa disposición a presentarse á reelección como presidente do PPdeG ‘con tanta ou máis ilusión que hai tres anos’, Feijóo estivo primero en Santiago, e logo na Coruña, para presentar ós afiliados do PP as súas propostas. Námbolos dous actos explicou que os retos que temos por diante son aínda maiores que as metas acadadas nestes tres anos.
Feijóo explicou que o PPdeG vai seguir afondando nesta ‘renovación responsable e integradora’ e ‘sempre fieis aos principios galeguistas que compartimos coa ampla maioría dos galegos’ . Con estes argumentos preséntase Feijóo á reelección como Presidente do PPdeG, no XIV Congreso do noso partido, que terá lugar o vindeiro mes de maio na cidade da Coruña.

Lembrou que, se hai tres anos se presentou coa intención de ‘seguir, sumar e gañar’, hoxe, mantense coherentemente unido a estas ideas pero engade, nesta nova etapa, ‘superarse’. "Superarnos a nós mesmos na ansia de mellorar cada día; facer que este partido maioritario creza e sexa cada vez maior e máis representativo da sociedade galega; e superarse porque os retos que Galicia ten por diante son, tal vez, dos máis difíciles aos que nos enfrontamos na nosa historia: a crise económica, o paro e o descrédito, en xeral, da política’.
Feijóo demostra día a día que non só é o líder do PPdeG, senón que representa ademáis o liderazgo que Galicia precisa nestes momentos para sairmos da situación de crise económica que atenaza a nosa sociedade. Feijóo representa o esforzo e o traballo, o compromiso e a lealdade a Galicia, a honestidade, a honradez e a humildade, valores cos que se identifica Galicia e os galegos. Conta con nós, amigo Alberto para esta travesía. formamos parte do teu proxecto. Queremos a mesma Galicia que ti soñas. Todos xuntos, seremos quen de acadala.

No hay comentarios: