sábado, 7 de marzo de 2009
A Costa da Morte estivo co PP
O PP da Costa da Morte estivo máis vivo que nunca nestas eleccións autonómicas. Onte estivemos en Cee, cos compañeiros da zona, avaliando os resultados electorais. Teño que dicilo, estoy moi satisfeito co traballo da organización e dos compañeiros. Funcionamos ben, houbo entrega e adicación, e os resultados acompañaron, porque non podía ser doutro xeito.
Na Costa da Morte saben mellor que ninguén que o bipartito non foi unha boa experiencia nin para Galicia nin para a zona. Non cumpriron as súas promesas, e se esqueceron das necesidades da zona. Déronlle ás costas ós veciños desta zona. E por iso, os cidadáns falaron logo nas urnas.
Gañamos en 7 dos 9 municipios da zona. Un magnífico resultado foi o que obtivemos nos concellos da Costa da Morte (Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas), onde o PP obtivo 13.149 votos, logrando a confianza maioritaria en 7 dos 9 municipios, fronte a un PSdeG, que obtivo 9.948 papeletas e a un BNG que logrou 5.753, o que indica que o PP aventaxa en 9 puntos os socialistas e en casi 25 ós nacionalistas.
Noraboa compañeiros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Espero Sr. Negreira que non só se quede na Coruña que o fixo moi pero que moi ben, necesitámolo en toda Galicia e para iso querémolo de Conselleiro, pra ben da Coruña e de Galicia. MOITAS GRACIAS, polo seu traballo.
Publicar un comentario